Así viviron en Lugo e os seus concellos o 8M
O Concello de Lugo e os que conforman a súa comarca celebraron no día de onte, 8 e marzo o día da muller. Foron moitas as prazas e rúas que se encheron de veciñas para conmemorar esta data.
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, subliñou que o Goberno dá un novo paso cara a igualdade coa aprobación do Plan Estratéxico para a Igualdade Efectiva entre Mulleres e Homes 2022-2025, anunciado polo Presidente do Goberno. Isabel Rodríguez, que leu un manifesto na Subdelegación do Goberno con motivo do Día Internacional da Muller, destacou os avances sociais en materia de igualdade, enfatizou o valor do feminismo “un movemento amplo, integrador, que mellora as nosas sociedades” e advertiu que segue habendo importantes retos pendentes.
“Urxe erradicar a violencia de xénero da nosa sociedade e non debemos parar ata conseguilo”, manifestou a subdelegada que lamentou a existencia de grupos que negan a violencia machista e agradeceu o compromiso das forzas de seguridade nesta loita e puxo como exemplo as gardas civís “Silvia e Yolanda, que nos acompañan neste acto e nas últimas horas, estando libres de servizo, xunto cos compañeiros cos que se atopaban, non dubidaron en impedir unha agresión machista nas rúas de Lugo”.
A deputada do BNG e vicepresidenta da Deputación de Lugo Maite Ferreiro remarcou o carácter reivindicativo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres Traballadores, sumándose á manifestación convocada pola CIG este mediodía en Lugo, co foco posto na desigualdade e na precariedade dos traballos nos sectores máis feminizados.
Mentres que no Campus de Lugo da USC organizou diversos actos conmemorativos desta efeméride promovidos desde as distintas comisións de igualdade de xénero dos distintos centros universitarios.