Asoporcel presenta os actos para celebrar o seu 25 aniversario

LugoXa
O acto programado pola asociación de criadores será o 27 de setembro no Atrio da Catedral lucenses
reunion-asoporcel
20 sep 2024

Autoridades das distintas adminsitracións participaron en Lugo na presentación dos próximos actos organizados pola Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta (Asoporcel) no marco da celebración dos seus 25 anos de historia.

O acto programado pola asociación de criadores para celebrar os 25 anos será o 27 de setembro no Atrio da Catedral lucenses. Participarán 12 destacados cociñeiros de Lugo e doutros lugares de Galicia e de España. Haberá unha degustación de produtos de porco celta e unha cata de viños coa colaboración da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal). A xornada tamén contará con ambientación musical e outras actividades.

0.189621925354