ASPACE Lugo reivindica o uso responsable das prazas de estacionamento para persoas con mobilidade reducida

LugoXa
A entidade saíu á rúa diante da Xunta para visibilizar o mal uso destes espazos e reclamar igualdade de oportunidades
Aspace-prazas-aparacadoiro-minusvalidos
18 Sep 2025

ASPACE Lugo realizou unha acción reivindicativa diante da Xunta de Galicia en Lugo para visibilizar de forma creativa o mal uso das prazas de estacionamento reservadas para persoas con mobilidade reducida (PMR). A iniciativa puxo o foco na necesidade real de moitas persoas que dependen destas prazas no seu día a día para desprazarse con autonomía e liberdade.

Moitas veces, estas persoas enfróntanse a excusas como “só son 5 minutos” ou “non había ninguén”, que esconden unha falta de respecto polos dereitos das persoas con mobilidade reducida. Baixo o lema “A túa escusa non cabe aquí”, ASPACE Lugo reivindicou un uso responsable e solidario destes espazos, imprescindibles para garantir a igualdade de oportunidades.

A acción enmárcase na campaña que todas as entidades membros de ASPACE Galicia están a desenvolver coa presentación do decálogo “Boas prácticas no uso das prazas PMR”, coincidindo coa Semana Europea da Mobilidade.

⚙ Configurar cookies
0.11635804176331