ASPALU pon fin aos talleres levados a cabo para mellorar a calidade de vida dos seus pacientes

LugoXa
Ayer tuvo lugar el acto de clausura de los talleres que ASPALU organizó para mejorar la calidad de vida de los enfermos.
Clausura talleres ASPALU
21 Dec 2021

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, participou este luns no acto de clausura dos talleres que a Asociación Párkinson de Lugo (ASPALU) organizou en colaboración coa Deputación de Lugo na Casa de Clara Campoamor, no parque da Milagrosa. Esta actividade, destinada a mellorar a calidade de vida dos usuarios e usuarias do colectivo con diferentes actividades, enmarcouse no programa de motivación para a saúde 2021 deseñado por ASPALU e para o que a institución provincial achegou 7.000€ na anualidade 2021.

“Esta é unha acción importante encamiñada a mellorar o benestar e a calidade de vida das persoas que padecen esta enfermidade”, sinalou o responsable provincial, que engadiu que “dende a Deputación de Lugo colaboramos con esta iniciativa porque sabemos da importancia de que estas persoas sigan sendo socialmente activas, algo que contribúe a mellorar o seu estado de ánimo e a súa autoestima”.

Rivera Capón expuxo que “as Políticas Sociais son, desde o inicio do mandato, unha das prioridades do Goberno provincial e o impacto da pandemia fixo que reforzásemos aínda máis esta aposta. Non só mantendo e ampliando a nosa rede de centros de atención a maiores na provincia e colaborando coa prestación de servizos básicos como a Teleasistencia ou a Axuda no Fogar; tamén apoiando, como é este caso, ao asociacionismo da provincia para que poida desenvolver as súas propias iniciativas”.

O Deputado tamén puxo en valor e agradeceu o labor que ASPALU vén desenvolvendo na provincia de Lugo dende o ano 2008.

O Programa Motivación para a Saúde na Enfermidade de Parkinson 2021 ten como obxectivo mellorar o aspecto psicolóxico, podolóxico e de logopedia dos e das pacientes. Os talleres de cestería, manualidades e costura ou lectura comprensiva que se clausuraron este luns desenvolvéronse ao longo dos meses de outubro, novembro e decembro deste ano.

0.18924689292908