Ateibo facilita a conciliación en Lugo cun programa en Semana Santa

LugoXa
O centro xuvenil Ateibo prepara unha programación especial para as mañás de Semana Santa.
17 Mar 2024

O centro xuvenil Ateibo prepara unha programación especial para as mañás de Semana Santa. Deste xeito, os vindeiros días 25, 26 y 27 de marzo e o 1 de abril poñen en marcha actividades en horario de mañá para nenos e nenas de 4º de Educación Infantil ata rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria.

As propostas para a rapazada de entre 3 e 12 anos levaranse a cabo dende as 10.00 ata as 14.00 horas, aínda que a entrada poderá realizarase a partir das 9.00 horas. Os interesados poden solicitar máis información ou inscribirse a través do teléfono 633 674 528 ou do correo cxateibo@gmail.com.

0.15040612220764