Ateibo prepara en Lugo unha programación de Entroido para as mañás do 12 ao 14 de febreiro

LugoXa
O centro xuvenil Ateibo prepara unha programación especial para estas festas de Entroido.
8 Feb 2024

O centro xuvenil Ateibo prepara unha programación especial para estas festas de Entroido. Deste xeito, os vindeiros días 12, 13 e 14 de febreiro poñen en marcha actividades en horario de mañá para nenos e nenas de 4º de Educación Infantil ata rapaces e rapazas de 6º de Educación Primaria.

As propostas levaranse a cabo dende as 10.00 ata as 14.00 horas. Os interesados poden solicitar máis información ou inscribirse a través do teléfono 633 674 528 ou do correo cxateibo@gmail.com.

0.2122688293457