Atletismo Friol, subcampión absoluto galego de campo a través
Gran actuación do Atletismo Friol no pasado Campionato Galego de Cross por relevos mixtos disputado en Pontevedra e onde o equipo friolense logrou un brillante segundo posto na proba absoluta.
O equipo, composto integramente por atletas do pobo que foron formados nas categorías inferiores do club, só sucumbiu frente o Lucus Caixa Rural, que se proclamaba campión galego e lograba impoñerse a clubs tan destacados do panorama galego como a Gimnástica de Pontevedra e o ADAS O Barco, que se facían coa terceira e cuarta posición, respectivamente.
O equipo friolense estaba composto por María Carballido, Adrián Lage, Nerea Lage e Cristian Montecelo e ese subcampionato galego lles dá acceso directo á disputa do Campionato de España de Cross absoluto que terá lugar no mítico circuito de Itálica (Sevilla) o vindeiro 20 de novembro en Santiponce (Sevilla).