Augas Férreas, epicentro da cultura urbana co Urbantour 3.0
O Urbantour 3.0 continúa a revolucionar as rúas de Lugo cunha explosión de ritmo e talento. O asfalto convértese, ata o vindeiro 5 de setembro, nunha pista de baile ao aire libre. Todos os xoves ás 19.00 horas, a Praza de Augas Férreas transformarase no epicentro da cultura urbana.
No encontro participan Stardance, Ritmo Lugo e Gravity. Cada semana, cada unha das escolas amosará un novo estilo. As vindeiras sesións serán os o 15, 22 e 29 de agosto e o 5 de setembro e que culminarán coa posta en escena na batalla final o 13 de setembro. E para os amantes da palabra, o gran final da batalla de galos chegará o 13 de setembro cunha batalla que promete ser épica.
Ambas citas son totalmente de balde. No caso de choiva, cada masterclass terá o seu refuxio na academia correspondente. A actividade forma parte do programa +Xti do Concello de Lugo e conta coa colaboración do Ministerio de Sanidade. Esta iniciativa procura promover a cultura urbana e ofrecer alternativas de ocio saudable para a mocidade. O programa +XTí, financiado polo Plan Nacional sobre Drogas, avoga polo uso responsable de novas tecnoloxías e a prevención de comportamentos aditivos.