Augas Férreas prepara dous días de Encontros, protagonizados pola música, a gastronomía e a tradición

LugoXa
A Asociación de veciños de Augas Férreas organiza dous días de Encontros.
la_penultima_sabinera
16 Feb 2024

A Asociación de veciños de Augas Férreas organiza dous días de Encontros. Este venres, o grupo lucense La Penúltima Sabinera ofrecerá un concerto no barrio a partir das 23.00. A actuación da banda tributo a Joaquín Sabina, que conta cun directo coidado e emotivo, será o prato forte do primeiro día da iniciativa, aínda que a programación continúa o sábado cunha cita na que a música, a gastronomía e os máis cativos serán os auténticos protagonistas.

As filloeiras de Muimenta atenderán ao público dende as 13.00 ata as 21.00 horas, xornada na que tamén haberá un posto de chocolate con churros. Pola tarde, Xotramu achegará os xogos tradicionais aos máis pequenos de 16.00 a 19.00. A música tampouco faltará na cita, que contará con carpa por se o tempo non acompaña.

0.11020994186401