Auxilia Lugo celebra as súas xornadas de accesibilidade ao patrimonio no Burgo

Un ano máis, Auxilia Lugo celebra as xornadas de accesibilidade ao patrimonio para falar e reflexionar sobre a necesidade dun patrimonio accesible.
Neste ano 2024, levarase a cabo no Telecentro Rural do Burgo, onde se atopa unha das arquitecturas máis emblemáticas de Lugo, o conxunto monumental de Santa Eulalia de Bóveda.
O programa da xornada está dividido en dous partes: primeiro, realizarase unha explicación por un profesional da arqueoloxía do monumento; e, despois, levará a cabo unha mesa redonda na que participarán diferentes especialistas e representantes da entidade.
Así, reflectiranse os avances que se lograron nos últimos anos e debaterase sobre as problemáticas que dificultan o garantir a accesibilidade física a estes espazos.
Auxilia Lugo leva máis de 50 anos loitando pola accesibilidade física e conseguiu melloras como o ascensor que permite o acceso á muralla de Lugo de todas as persoas, independentemente da súa condición física. Este segue sendo o seu obxectivo principal e por iso realizan de maneira anual un evento para unha concienciación real en temas de accesibilidade.
Este ano, as VIII Xornadas Lucenses de Accesibilidade ao Patrimonio levarán a cabo o día 12 de decembro ás 17.00 horas. A participación será de entrada libre ata completar aforo, polo que non é necesaria a inscrición previa.