Auxilia Lugo celebrou o seu primeiro encontro de Pascua con participación artística e convivencia

LugoXa
A entidade reuniu usuarios e colaboradores nunha xornada marcada pola arte de Diego As e a colaboración institucional e social
Pascua-Auxilia-Lugo-Diego-AS
A delegada de Auxilia Lugo, Nuria Neira, recibe ao Artista Diego As
1 Apr 2026

Auxilia Lugo celebrou o seu primeiro encontro de Pascua, unha iniciativa que reuniu usuarios, usuarias e colaboradores nun ambiente de convivencia e participación.

Nesta ocasión, a entidade contou coa colaboración do artista Diego As, quen explicou o proceso creativo dos seus murais, así como o traballo e as horas de dedicación que hai detrás de cada unha das súas obras, achegando aos asistentes unha visión máis próxima do seu labor artístico.

Unha vez rematada a súa intervención, os participantes gozaron dunha merenda composta por doces, que contou coa colaboración da Xunta de Galicia a través do Xacobeo 2027 e da Área de Xefatura Territorial. Estes foron acompañados de cafés e infusións ofrecidos pola colaboradora Ana Fernández López.

O encontro contou tamén coa implicación activa dos propios usuarios e usuarias, que contribuíron a crear un ambiente de boa compañía e convivencia durante toda a tarde.

Dende o Consello Directivo e o conxunto de participantes trasladaron o seu agradecemento a todas as persoas e entidades colaboradoras por facer posible esta iniciativa.

0.12647795677185