Auxilia Lugo compartiu unha tarde de convivencia cunha chocolatada e a visita do piloto Pedro Reija

Auxilia Lugo celebrou unha chocolatada con churros nun ambiente de convivencia e boa compañía, unha iniciativa que contou cunha ampla participación das persoas usuarias da entidade.
A xornada tivo como protagonista ao piloto de rally Pedro Reija, que achegou aos asistentes ao mundo do motor a través da súa experiencia profesional, un xesto polo que desde Auxilia Lugo amosan un especial agradecemento.
Á súa chegada, Pedro Reija foi recibido pola delegada da entidade en Lugo, Nuria Neira, quen quixo agradecer persoalmente a súa presenza e implicación na actividade.
A entidade destacou tamén a colaboración de Kriss e de Manuel Manuel, responsables de achegar os churros, así como a contribución de Yadira Baca, que realizou unha doazón co material necesario para poder levar a cabo a chocolatada.
Desde Auxilia Lugo subliñan a importancia de dar visibilidade ás persoas que colaboran coa entidade e fixan posible este tipo de iniciativas, ao tempo que agradecen a participación das persoas usuarias, que compartiron unha tarde marcada pola cercanía e o bo ambiente.