Auxilia Lugo organiza un taller de saúde sexual dirixido a persoas con diversidade funcional

Auxilia Lugo celebrará este venres, 28 de novembro, un taller de saúde sexual no ximnasio da Casa Clara Campoamor, unha iniciativa pensada para analizar distintos aspectos relacionados co desenvolvemento psicosesual das persoas con discapacidade. A actividade dará comezo ás 17:00 horas e a inscrición é totalmente gratuíta chamando ao teléfono 679 191 801 ou escribindo ao enderezo electrónico lugo@auxilia.es.
O obradoiro abordará a sexualidade desde as súas dimensións relacional, recreativa e reproductiva, e incluirá unha posta en común das dificultades máis habituais ás que adoitan enfrontarse as persoas con diversidade funcional á hora de expresar a súa erótica ou manter vínculos afectivos e íntimos.
A entidade explica que o obxectivo é proporcionar un espazo seguro no que compartir experiencias, resolver dúbidas e adquirir ferramentas para un desenvolvemento sexual máis consciente e autónomo.
A delegada de Auxilia Lugo, Nuria Neira, anima a toda a cidadanía interesada a participar nesta proposta formativa, destacando a importancia de traballar a educación sexual desde unha perspectiva inclusiva, accesible e respectuosa coa diversidade.