Auxilia Lugo organiza unha gala solidaria en setembro

Auxilia Lugo convoca á cidadanía a participar na súa Gala Solidaria o próximo 12 de setembro, que se celebrará ás 18:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire de Lugo.
A iniciativa contará coa colaboración do cantante Adrián Vigo, do grupo Airiños de Orbazai e da formación Milesios, prometendo unha tarde de música e solidariedade.
As entradas terán un prezo solidario de 10 euros, dispoñibles o propio día do evento, mentres que aqueles que non poidan asistir poden colaborar mediante a Fila 0 con unha doazón de 8 euros a través do código BIZUM 12495.