Auxilia Lugo organiza unha Gala solidaria para apoiar a persoas con diversidade

LugoXa
O evento, con música en directo, recadará fondos para persoas con diversidade funcional
Gala-solidaria-Auxilia-Lugo
11 Sep 2025

Este venres, 12 de setembro, o Auditorio Gustavo Freire de Lugo será escenario da Gala Solidaria organizada por Auxilia Lugo, unha iniciativa destinada a apoiar a inclusión e a igualdade das persoas con diversidade funcional na provincia.

As entradas teñen un prezo solidario de 10 euros e poderán adquirirse no acceso ao auditorio o mesmo día do evento. Ademais, habilitouse unha Fila 0 para aquelas persoas que non poidan asistir, cunha doazón simbólica de 8 euros a través do código BIZUM 12495.

A xornada cultural contará coa participación do cantautor Adrián Vigo, o grupo tradicional Airiños de Orbazai e a banda de música celta Milesios, ofrecendo aos asistentes unha combinación de estilos musicais que fará da gala unha celebración da solidariedade e da diversidade.

⚙ Configurar cookies
0.17001891136169