Auxilia Lugo organiza unha tarde artística e gastronómica o 30 de marzo

Auxilia Lugo organizará o próximo 30 de marzo, de 16:30 a 18:00 horas, unha actividade pensada para fomentar a creatividade e o bo ambiente entre as persoas participantes. A xornada terá lugar na Casa Clara Campoamor, situada na Avenida Infanta Elena, e incluirá unha actividade artística moi especial coa colaboración do artista Diego Ás.
Ademais da proposta creativa, as persoas asistentes poderán compartir comida típica de Pascua, celebrando xuntas estas datas. As inscricións permanecerán abertas ata o mércores 25 de marzo e deberán formalizarse enviando un correo electrónico a lugo@auxilia.es ou chamando ao teléfono 679 191 801.