Auxilia Lugo promove unhas novas xornadas sobre accesibilidade ao patrimonio na Catedral

LugoXa
A novena edición das Xornadas Lucenses celebrarase o 17 de decembro ás 17:30 horas con visitas guiadas gratuítas e prazas limitadas
xornadas-de-accesibilidade-ao-patrimonio-Auxilia-Lugo
16 Dec 2025

Auxilia Lugo organiza o vindeiro 17 de decembro, ás 17:30 horas, a novena edición das Xornadas Lucenses de Accesibilidade ao Patrimonio, unha iniciativa centrada na posta en valor dos espazos históricos desde unha perspectiva inclusiva.

A actividade terá lugar na Catedral de Lugo, situada na Praza Pío XII, e desenvolverase a través de visitas guiadas adaptadas.

As xornadas contarán cun máximo de 25 prazas, polo que a participación require inscrición previa, que será gratuíta. Desde a organización subliñan a importancia deste tipo de propostas para avanzar cara a un patrimonio máis accesible e comprensible para toda a cidadanía.

⚙ Configurar cookies
0.087541103363037