Auxilia Lugo renova a súa Xunta Directiva na Asemblea celebrada no Centro Maruja Mallo

LugoXa
Nuria Neira Vila segue como delegada, Diego Moldes Soto no cargo de tesoureiro, Marta Martínez Montes como secretaria e Aquilino González Álvarez como vogal de accesibilidade
Asemblea-Auxilia-Lugo-2025
27 May 2025

Auxilia Lugo celebrou a súa Asemblea Ordinaria e Extraordinaria no Centro Maruja Mallo, unha cita clave para a entidade na que se repasaron os traballos e proxectos desenvolvidos durante o último ano e se levou a cabo a renovación da súa Xunta Directiva.

A xornada comezou coa benvida institucional da delegada, Nuria Neira, quen deu a benvida aos socios presentes e abriu a sesión informativa. Durante esta primeira parte, expúxose o balance das actividades realizadas tanto polo Consello Directivo como polos equipos profesionais da traballadora social e da psicóloga da entidade, destacando o compromiso coas persoas usuarias e os avances acadados en diversas áreas de intervención.

Unha vez rematada esta intervención, procedeuse ao proceso de votación para a renovación da Xunta Directiva. Cunha única candidatura presentada, reelixiuse a mesma, quedando constituída por Nuria Neira Vila como delegada, Diego Moldes Soto no cargo de tesoureiro, Marta Martínez Montes como secretaria e Aquilino González Álvarez como vogal de accesibilidade. Tras a proclamación oficial, o Consello Directivo informou aos asistentes sobre os proxectos que se desenvolverán ao longo deste ano, abrindo logo unha quenda de rogos e preguntas na que os socios puideron expresar as súas dúbidas, suxestións e inquedanzas, todas elas recollidas pola dirección para a súa valoración.

A Asemblea rematou ás 13:30 horas, cun agradecemento especial do Consello Directivo a todos os socios pola súa participación activa e pola súa implicación constante na vida asociativa de Auxilia Lugo.

⚙ Configurar cookies
0.16484498977661