Auxilia organiza en Lugo un encontro co artista Diego As para os seus usuarios o 30 de marzo

LugoXa
A Xunta colabora nesta iniciativa cultural e lembra o seu apoio aos proxectos da entidade a través de diferentes liñas de financiamento
Xunta-de-Galicia-e-Auxilia-Lugo
9 Mar 2026

A asociación Auxilia en Lugo está a preparar un encontro entre os seus usuarios e o artista lucense Diego As, que terá lugar o vindeiro 30 de marzo nunha actividade pensada para achegar a cultura e a creación artística ás persoas participantes na entidade.

A iniciativa contará coa colaboración da Xunta de Galicia, que destacou “a relación de cooperación que mantemos coa entidade para facilitar o seu labor no eido da atención e a integración das persoas con discapacidade”.

Neste contexto, desde o Goberno autonómico lembraron o apoio que prestan á asociación a través de diferentes programas. Entre eles figura o financiamento do proxecto de Auxilia ‘Diversas pero iguais’, unha iniciativa que se desenvolve ao abeiro das axudas destinadas a programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade.

Ademais, a Xunta tamén contribúe aos gastos de funcionamento da entidade mediante a convocatoria destinada ao fomento e á realización de actividades de voluntariado, unha liña de apoio que permite reforzar o traballo social que Auxilia desenvolve na cidade.

0.12420988082886