AVA convoca unha concentración para solicitar a apertura da Fortaleza de Amarante
Dende Alternativa Veciñal de Antas de Ulla convocan para o vindeiro 25 de marzo ás 18.30 unha conentración para pedir a apertura da Fortaleza de Amarante ao público.
Dende AVA queren "aproveitar o final de lexislatura para deixar en mans da veciñanza da Ulloa e arredores proseguir coa loita para conseguir que a Fortaleza de Amarante cumpla a lexislación vixente e abra a visita pública, tal e como marca a lei, catro días ao mes".
Dende Alternativa Veciñal declara que "nos últimos dous anos temos contacto con Patrimonio sen éxito" e engaden "é certo que están en comunicación cos propietarios pero non se consegue polo momento o obxectivo. Lexislativamente, a fortaleza está declarada BIC a todos os efectos, polo que o que se precisa é seguir facendo presión para que a Administración actúe en cumplimento da Lei de Patrimonio de Galicia".