AVA pide a creación dun centro de día público en Antas de Ulla

LugoXa
O Concello de Antas de Ulla ten xa cubertas todas as prazas da Casa do Maior e desde AVA piden a creación dun centro de día
Antas de Ulla residencia portada
6 Feb 2023

A Casa do Maior de Antas de Ulla xa ten cubertas todas as súas prazas e conta xa con lista de agarda. Para Alternativa Veciñal de Antas de Ulla "o limitado número de prazas, a residencia conta con 5, e a existencia de lista de espera amosa as expectativas xeradas nos veciños e evidencia a necesidade dun servizo de atención diúrna máis amplo".

Polo que, para AVA "segue a ser prioritario que Antas de Ulla conte cun Centro de Día público e por iso acabamos de rexistrar un ROGO solicitando que se impulse este servizo por parte do goberno municipal".

AVA xa presentara unha moción no 2020 solicitando ao Concello que impulsara a apertura dun Centro de Día Público e outra moción no 2021 insistindo na necesidade e propoñendo posibleslocalizacións e o 22 de abril de 2021 "diriximos unha solicitude á Dirección Xeral de Maiores e persoas
con discapacidade da Xunta de Galicia para que tomara a iniciativa de impulsar no noso municipio esta iniciativa".

A posta en marcha dunha Casa do Maior "non soluciona o problema da necesidade de atención diúrna dos nosos maiores, é máis, xera frustración para moitos veciños que necesariamente quedan sen prazas. Hai que ter en conta que, aínda que se trata dun servizo de xestión privada, está subvencionado pola Xunta, polo que para o usuario é gratuíto" declaran desde AVA.

Dende Alternativa Veciñal de Antas de Ulla tamén piden ao "que faga público na páxina web e nas redes sociais toda a información relativa a como solicitar praza na Casa do Maior e que esa información estea por escrito nas oficinas municipais a disposición de calquera persoa interesada".

0.20247483253479