Avanza a renovación do convenio de transporte metropolitano da área de Lugo

A comisión encargada do convenio de transporte metropolitano da área de Lugo, que abrangue os concellos de Friol, Guntín, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Rábade, Castroverde, O Corgo e Baleira, celebrou unha nova xuntanza presidida pola delegada da Xunta de Mobilidade en Lugo.
Durante o encontro avanzáronse as negociacións para a renovación do convenio, que ten como obxectivo garantir tarifas accesibles e manter unha conexión eficiente en transporte público entre a cidade de Lugo e os nove concellos que integran a área metropolitana.
Ademais, este sistema facilita o acceso de varias parroquias que non están cubertas polo transporte urbano municipal, ampliando así a mobilidade e a integración territorial da comarca.