Avanza as obras de mellora do Anxo Carro cun investimento de 3,6 millóns de euros

LugoXa
O estadio incrementará o seu aforo nun 20 % e contará cunha nova grada sur con máis de 1.300 prazas
deputados-PP-Anxo-Carro
13 Sep 2025

Os deputados do Grupo Popular Elena Candia, Cristina Sanz e José Manuel Mato visitaron esta mañá as obras de reforma do estadio Anxo Carro que a Xunta de Galicia está a executar e que avanzan conforme ao calendario previsto co obxectivo de que estean finalizadas para o inicio da tempada 2026-2027.

A actuación supón un investimento próximo aos 3,6 millóns de euros e permitirá dotar o estadio de novas gradarías en todo o seu conxunto, adaptadas á realidade urbana e ás necesidades actuais do Club Deportivo Lugo e da súa afección. Unha vez concluída a remodelación, a instalación incrementará o seu aforo nun 20 %, pasando da capacidade actual de 5.400 espectadores a preto de 6.500.

A reforma contempla a construción dunha nova grada no fondo sur con capacidade para máis de 1.300 seareiros, así como actuacións nas outras tres bancadas co fin de mellorar a accesibilidade, a funcionalidade e a seguridade do recinto deportivo.

⚙ Configurar cookies
0.1730899810791