Avanzan as obras de mellora en dous tramos da estrada LU-P-1901 na Montaña lucense

LugoXa
As intervencións previstas inclúen a reapertura de cunetas, a mellora do drenaxe, a reposición do firme mediante aglomerado en quente e a renovación da sinalización viaria
obras-LU-P-1901-Deputación-Lugo
23 May 2025

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu un paso adiante na mellora da rede viaria provincial ao avanzar na contratación de obras para a mellora de oito estradas, cun investimento total de 718.954,37 euros.

Entre as actuacións aprobadas, destacan as obras en dous tramos da estrada LU-P-1901, que conecta os municipios da Fonsagrada e Navia de Suarna, na Montaña lucense, ata a ponte de Boadil.

Os traballos afectarán a un tramo de case dous quilómetros entre Santiso e Lamas, nas parroquias de Cereixido e Lamas de Moreira, ao sur da Fonsagrada, e outro tramo de case tres quilómetros na zona de Queizán, ao sur de Navia de Suarna.

As intervencións previstas inclúen a reapertura de cunetas, a mellora do drenaxe, a reposición do firme mediante aglomerado en quente e a renovación da sinalización viaria.

O orzamento destinado a estes traballos ascende a 234.296,64 euros, e o prazo de execución será de tres meses desde o inicio das obras.

⚙ Configurar cookies
0.17450022697449