Avanzan as obras de renovación do Pavillón Municipal de Lugo

LugoXa
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, supervisou o avance dos traballos de renovación eléctrica do Pavillón Municipal, para os que o executivo local destinou un investimento de 135.
obras pavillon municipal jorge bustos e lara
27 Sep 2023

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada do edil de Xuventude e Deportes, Jorge Bustos, supervisou o avance dos traballos de renovación eléctrica do Pavillón Municipal, para os que o executivo local destinou un investimento de 135.513 euros, co obxectivo de incrementar a súa eficiencia enerxética.

“A día de hoxe xa se cambiou o cadro de protección xeral, os circuítos de alimentación dos proxectores da pista, unha parte das canalizacións, así como das pantallas de iluminación por outras tipo led”, explicou a rexedora quen destacou que “a realización destes traballos se está compatibilizando coa actividade deportiva habitual destas instalacións”.

“Queremos seguir avanzando no noso modelo de cidade e iso implica apostar por actuacións que supoñan un aforro enerxético e de emisións contaminantes, como as que se están a levar a cabo nestas instalacións deportivas”, lembrou Méndez.

Estas obras, ao igual que as que se executaron no Pombal (onde os proxectores existentes foron substituídos por outros novos de tipo led), enmárcanse na estratexia DUSI Muramiñae, cofinanciada ao 80% polo FEDER, dentro do obxectivo temático 4, que busca favorecer a transición cara unha economía baixa en carbono.

Precisamente, co fin de mellorar a eficiencia da iluminación do pavillón da rúa Santiago, que actualmente está constituído na súa maioría por lámpadas obsoletas e de elevado consumo enerxético, proponse a substitución das mesmas por outras de tecnoloxía led, adecuadas a cada espazo iluminado.

Correxirase, así mesmo, o ángulo exposto da iluminación, pois a existente crea sombras, de forma que se recolocarán, alén, os proxectores de pista co fin de conseguir unha cobertura homoxénea. Respectaranse, por outra banda, as liñas de aceso e os xogos de luz que permiten realizar as luminarias actuais ao tempo que se substituirá toda a iluminación exterior por lámpadas de tecnoloxía led, incluíndo as letras corpóreas da fachada do edificio.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18255996704102