Avanzan as obras do novo edificio de servicios sociais interxeracional de Lamas de Prado

LugoXa
Avanzan na obras de construción do novo edificio de servicios sociais interxeracional de Lamas de Prado. Xa se executou preto do 35%.
2 edificio madeira lamas de prado Lugo servizos sociais
29 Sep 2021

Avanzan as obras de construción do novo edificio de servicios sociais interxeracional de Lamas de Prado no que se xa se executaron preto do 35% do proxecto. Actualmente, xa se levou a cabo a cimentación; forxado do chan, da planta baixa e da  primeira planta; así como o levantado da estrutura de madeira e do oco do ascensor.  

O novo equipamento prestará servizo a uns 20.000 lucenses dos barrios do Carme, A Cheda,  Abuín-Abella e Castiñeiro, así como de diversas parroquias. Será un centro de atención do  persoal de Servizos Sociais para os colectivos vulnerables, pero ao mesmo tempo terá unha  serie de espazos polivalente para que poidan ser usados para actividades de toda a cidadanía. Ademais, o edificio contribuirá á revitalización da zona, cunha nova  imaxe de modernidade, innovación e mellora estética.  

Estas obras de construción do novo centro de Servizos Sociais conta cun investimento de 1.230.265 euros.  

No vindeiro mes quedará finalizada a estrutura e procederase cos seguintes traballos que  abraguen: a realización da subestructura de fachadas e da galería metálica na fachada  principal; tabiquería interior en planta soto; execución de illamentos; instalación da cuberta e  impermeabilización da mesma.

Cómpre lembrar que a obra conta cun período de execución de 12 meses, polo que a previsión é  que poida estar rematada na primavera do vindeiro ano.  

Por outra banda, será un edificio de consumo enerxético case cero, empregando a madeira  como principal elemento estrutural, e disporá dunha zona verde ao seu redor. Na súa  construcción téñense en conta criterios medio ambientais e de sustentabilidade, dentro da  aposta por un novo modelo de urbanismo sostible que impulsa o executivo municipal,  principalmente a través do proxecto LIFE Lugo+Biodinámico.  

Así mesmo, no deseño tivéronse en conta criterios de ubicación en función das horas solares, e  a zona sur disporá dun peche de láminas de madeira para regular a incidencia do sol e controlar  o confort climático interior.  

Este proxecto está enmarcado na estratexia DUSI Muramiñae, financiada ao 80% polos  Fondos de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea, que contempla entre os seus  obxectivos o desenvolvemento de accións para fomentar a inserción laboral e reducir o  risco de exclusión    

Destinarase a realizar distintas funcións: asesoramento e axudas sociais, formación e cursos, así  como actividades recreativas ou de ocio tales como baile, teatro, espectáculos, xogos,  etcétera. Contará, ademais, cunha distribución flexible para desenvolver actividades para os  maiores, os mozos e os máis cativos e para facilitar a conciliación.  

Distribución do espazo 

Zona Espazos Servidores (Planta Soto): 

Esta zona albergará os aseos, que dan servizo aos espazos principais da Planta Baixa, o  cuarto de instalacións e o almacén xeral. Tanto o cuarto de instalacións como o almacén  comunican directamente cun distribuidor interior dotado dun elevador mixto (persoas-cargas).  Esta característica facilita a carga e descarga de material e equipos xa que se trata dun  elevador de dobre embarque que permite o acceso directo do material a beirarrúa.    

Zona Recreativa / Formativa (Planta Baixa): 

A planta baixa terá unha distribución flexible, é dicir, empregarase tabiquería móbil, o que  permitirá adaptar a distribución das particións interiores aos usos e actividades que se vaian a  desenvolver en cada momento. Nesta planta situarase o vestíbulo principal, unha  zona de información e conserxería, así como unha zona polivalente que se poderá utilizar como  salón de actos para 150 persoas, ludoteca, sala de conferencias, sala de lectura, sala de xogos,  sala de ximnasia ou de baile.  

Así mesmo, a planta baixa incorporará na fachada oeste unha apertura que permitirá “invertir” o  sentido de funcionamento da zona expositiva do centro, e crear un espazo público no que sexa  posible desenvolver actuacións exteriores, gozando da comodidade e medios que achegan a  utilización do escenario e instalacións do centro. Os laterais da planta baixa contarán, así  mesmo, con grandes ventanais para permitir a relación co espazo exterior e introducir a maior  cantidade posible de luz nas estancias.  

Zona Traballo Social (Planta Primeira): 

A planta superior organízase en franxas de sentido lonxitudinal ao longo do edificio. Albergará a  zona de traballo social e contará con: unha zona de información, 7 despachos, dúas  zonas de espera, un arquivo e aseos.  

1 edificio madeira lamas de prado Lugo servizos sociais
edificio madeira lamas de prado Lugo servizos sociais

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.19182395935059