A autovía de Lugo a Santiago estará lista en 2025, según o Goberno

LugoXa
O secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sostible, José Antonio Santano, asegurou que o tramo Palas de Rei-Melide abrirá a final de ano
visita-de-José-Antonio-Santano
28 Jun 2024

O secretario de Estado de Transportes e Mobilidade Sostible, José Antonio Santano, visitou as obras que están a piques de finalizar no viaduto sobre o río Pambre  en Palas de Rei, pertencente ao tramo Palas de Rei-Melide da autovía entre Lugo e Santiago (A-54); e que discorre polos termos  municipais de Palas de Rei na provincia de Lugo e Melide e Santiso  na provincia da Coruña.

Santano destacou a relevancia desta actuación que fará que a  autovía A-54 se converta nun eixo de gran importancia para a vertebración da Galicia interior e permitirá unir Lugo con Santiago de Compostela  mediante unha vía de alta capacidade, mellorando a  seguridade, comodidade e tempos de percorrido dos tráficos de longo,  medio e curto percorrido. Ademais, manifestou que unha vez finalizada  reducirá os 100 minutos actuais do traxecto a través do itinerario  da N-547, ou os 85 minutos actuais do traxecto polo itinerario  da A-6 e N-634, ata aproximadamente 50 minutos percorrendo o  novo trazado da A-54.

Ademais, lembrou que o tramo de autovía Palas de Rei – Melide,  que está previsto finalizar a finais do presente ano, cun  investimento superior aos 90 millóns de euros; discorre ao sur da  estrada N-547, cun trazado sensiblemente paralelo a ela. A nova autovía permitirá ademais mellorar sensiblemente a seguridade viaria  da actual N-547, tanto rodada como peonil, onde actualmente hai  importantes tránsitos de peregrinos do Camiño de Santiago,  eliminándose ademais a travesía de Melide.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, valorou os avances. “Estamos comprobando como avanzan as obras da autovía entre Lugo e Santiago nun tramo que é tremendamente complicado e que tivo moitas dificultades para poderse levar a cabo”, destacou o Presidente. Sinalou que, tal e como avanzou Santano, permitirá ter a infraestrutura lista e o treito entre Palas de Rei e Melide en circulación a finais de ano, “algo de moita transcendencia a nivel turístico e comercial”. Quedando só o treito entre Arzúa e Melide, “que estará listo a finais do 2025. Son moi boas noticias para a provincia de Lugo porque teremos a capital de Galicia a menos dunha hora”, sinalou Tomé Roca.

Este treito, que conta cun investimento superior a 90M euros, discorre paralelo á estrada N-547, o que mellorará tamén a seguridade desta, que actualmente conta cun importante tránsito de peregrinos do Camiño de Santiago. Así, culmínase por completo a autovía A-54 entre Lugo e Santiago,  onde unha vez finalizadas as obras investíronse máis de 700  millóns de euros, con 93,42 quilómetros de nova autovía. Respecto ao viaduto sobre o río Pambre, que permitirá o paso da  autovía A-54 sobre o citado río, Santano quixo destacado a singularidade  estrutural e construtiva do van principal do viaduto sobre o  río, de 87 metros de lonxitude, que require duns medios altamente  especializados e procedementos construtivos innovadores con obxecto  de materializar un viaduto de taboleiro único de 977 metros de lonxitude  que se converterá no viaduto de estrada máis longo da  provincia de Lugo.

 

 

⚙ Configurar cookies
0.049422025680542