Avanzan as obras na praza de Alicante
Continúan as obras na praza de Alicante, no barrio da Milagrosa, onde a Tenencia de Alcaldía está a traballar na renovación dos espazos públicos. "Trátase dunha zona que estaba nun avanzado estado de desgaste, o que fixo precisa unha actuación integral que permita renovar a pavimentación, poñendo solución ás zonas de socavóns que podemos ver actualmente", explicou Rubén Arroxo.
A solución que executará a área de Mobilidade e Infraestruturas consiste na renovación integral do pavimento, creando dúas zonas diferenciadas para o tránsito peonil e o dos vehículos, mantendo as zonas de estacionamento. Ademais, renovarase o mobiliario urbano, ampliando o total de bancos instalandos na zona, e cunha nova disposición que permitirá unha maior comodidade á veciñanza, e instalaranse novas papeleiras e xardineiras.
O Goberno de Lugo avanzará tamén con esta intervención na renovación da rede de alumeado público municipal, eliminando as actuais luminarias de vapor de sodio, e instalando LEDs, de baixo consumo, e que garantirá un alumeado uniforme en toda a extensión da praza. En total, invístense 175.571€ nesta actuación.