Avanzan os traballos do plan de roza no rural de Lugo
Continúa o avance dos traballos de roza nas diferentes parroquias do municipio.
Dende o Concello de Lugo informan que, neste momento, os labores, que progresan a moi bo ritmo, xa concluíron en Bocama os, Meilán, Tirimol, Pías, Piúgos, Cuíña, Coeses, Soñar, Fixós, Bosende, Conturiz, Santa Comba, Adai, Orbazai e Prógalo, onde o dispositivo se encargou da retirada, mecánica e manual, da maleza polas dúas marxes da vía.
Miguel Fernández explicou tamén que as tarefas alcanzan paseos, gabias e noiros contiguos, tanto en terraplén como en desmonte, e incluso as pólas das árbores ata obter un gálibo libre que permita circular con seguridade polas estradas ou camiños e lembrou que a altura máxima de calquera tipo de vexetación, despois da sega, non pode superar nunca os sete centímetros.
O tenente de alcaldesa avanzou tamén que se seguirá en Santiago de Saa, Mazoi, Nadela e ao Veral.
Miguel Fernández lembrou que todas estas actuacións se completan coas de roza de camiños e pistas forestais durante todo o ano con maquinaria do parque móbil municipal co obxectivo de previr incendios.