Avanzan os traballos para arranxar o aparcadoiro da contorna do campo de fútbol das Gándaras
O PP de Lugo consegue, co consenso de varias administracións, avances para arranxar o aparcadoiro do entorno do campo de fútbol das Gándaras. “O Concello o único que precisa para poder arranxar o firme é a autorización do propietario” , aseguran, aclarando que “logo de varios encontros con diferentes administracións, se confirma que a finca é propiedade de Defensa, así llo trasladamos ao Concello”.
Deste xeito, os populares afean a Alvarellos e a Arroxo por intentar “confundir” á cidadanía con “falsidades” sobre a titulariedade do solar que está nas inmediacións do Campo de fútbol das Gándaras recriminándolles que durante anos responsabilizaran á Xunta da situación do firme cando a finca era do Goberno de Sánchez.
“Ou ben sabían perfectamente de quen era titulariedade estes terreos e minten de forma consciente, ou ben descoñecen o propietario co que é unha temeridade acusar sen ter a certeza de que faltan á verdade”. Para Elena Candia calquera das dúas opcións reflicte “a política de medias verdades e de confrontación permanente coa Xunta” matizando que “temos a un PSOE e un BNG que deciden converterse na oposición ao goberno autonómico, e que adican máis esforzos a xerar novas en contra del que en xestionar cuestións da súa competencia”.
Candia explica que “os avances para desbloquear esta obra de acondicionamento son froito do consenso” manifestando que “nós cumprimos a palabra dada, traballando e contrastando información de diferentes institucións que logo trasladamos ao goberno local “coa máxima transparencia e absoluta lealdade para impulsar a mellora desta zona de aparcamento”.