Avanzan as obras de peonalización en Camiño Real

LugoXa
Avanza as obras de peonalización do treito final de Camiño Real, posta en marcha pola Tenencia de Alcaldía
Obras camiño real
31 Mar 2023

Na rúa Camiño Real avanzan os traballos de peonalización do treito comprendido entre a Concepción Arenal e a Ronda da Muralla. Rubén Arroxo afirmou que “este treito será a rúa Bispo Aguirre da zona norte da Muralla, recuperando espazos útiles para as persoas”.

Este treito terá un mellor acondicionamento ambiental, dado que se instalarán novas verdes con árbores e arbustos. O mobiliario urbano tamén se renovará, instalando bancos con respaldo, ademais de papeleiras e fontes. “Isto creará unha importante zona para o desfrute da veciñanza, un espazo acolledor e amable para as persoas da zona e para toda a veciñanza de Lugo”.

O Goberno de Lugo inviste 279.432,31€ nesta intervención, que ten un prazo de execución de 6 meses. A nova zona peonil manterá o acceso rodado para as e os residentes, e o tráfico procedente da rúa Camiño Real desvíase, percorrendo a rúa Concepción Arenal e incorporándose de novo á Ronda da Muralla a través da rúa das Anduriñas.

0.17860698699951