Aviso amarelo no centro da provincia e na Montaña por treboadas intensas durante a tarde

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa
Dende MeteoGalicia recomendan manterse afastado de árbores, non empregar teléfonos móbiles nin aparellos eléctricos para minimizar o risco de sufrir un accidente relacionado cos raios
raios-ceo-tormenta
11 Apr 2025

A previsión meteorolóxica para hoxe venres vén marcada por unha alta inestabilidade atmosférica, que podería dar lugar a treboadas fortes no interior da provincia de Lugo, especialmente no centro e na zona de A Montaña.

Segundo MeteoGalicia, activouse un aviso amarelo por treboadas con aparello eléctrico, que estará vixente desde as 15:00 ata as 21:00 horas. O fenómeno debe á presenza de aire frío en altura, o que favorece a formación de tormentas puntualmente intensas.

Espérase que estas condicións afecten especialmente á provincia de Lugo, sendo unha das zonas máis castigadas de Galicia nesta xornada. Por iso, dende MeteoGalicia recomendan manterse afastado de árbores, non empregar teléfonos móbiles nin aparellos eléctricos para minimizar o risco de sufrir un accidente relacionado cos raios.

A cidadanía está chamada á prudencia durante estas horas e a seguir de preto as actualizacións do tempo a través dos medios oficiais.

⚙ Configurar cookies
0.16231989860535