Axentes turísticos dan o seu apoio á iniciativa enogastronómica de Lugo

LugoXa
Os axentes de dinamización turística de Lugo apoian o proxecto da Fábrica da Luz como Centro de Enogastronomía
Mesa Participación Turismo
16 Maio 2022

Os principais axentes de dinamización turística de Lugo, institucións e o propio Clúster de Turismo de Galicia deron xa o seu apoio ao plan de turismo sostible proxectado polo Concello de Lugo para a Fábrica da Luz.

Este programa que xa se presentou aos fondos europeos, busca promover como principais atractivos da capital o seu patrimonio histórico e natural a través da enogastronomía como relato de cidade.

A rexedora da cidade, Lara Méndez, quere que Lugo sexa un destino referente para atraer un turismo de calidade e sostible, “co fin de seguir dando pasos neste importante sector económico pero evitando un crecemento turístico masificado e desestruturado”.

Neste senso, destaca a importancia que ten a gastronomía lucense, co seu lema ... E para comer, Lugo, “que queremos impulsar aproveitando que este ano a gastronomía é un factor prioritario nas políticas turísticas dos Gobernos central e autonómico e das axudas europeas convocadas polo Plan Estatal de Recuperación, Transformación e Resiliencia”.

Lara Méndez aposta pola recuperación do edificio da Fábrica da Luz como un Centro de Enogastronomía, que se poida xestionar a través dunha colaboración público-privada cos axentes da restauración e alimentación lucenses, onde se lle dará pulo aos produtos de proximidade e que contará, ademais, cunha vertente expositiva relacionada coa historia da cidade.

0.17119002342224