Baleira acolle o evento 'A través do Eo' con música, gastronomía e actividades para toda a familia

LugoXa
Unha xornada festiva con música da Louband, degustación gratuíta e actividades infantís na praza municipal de Baleira
mexillon-galego
19 Aug 2025

O concello de Baleira celebrará o vindeiro domingo 31 de agosto na praza municipal o evento 'A través do Eo', unha xornada de convivencia que combinará música, gastronomía e actividades para todos os públicos.

A programación comezará ás 12:00 horas coa actuación musical da Louband, que repetirá escenario tamén ás 15:00 horas. Entre medias, de 13:30 a 15:00 horas, o público poderá gozar dunha degustación gratuíta de mexillón e xouba, preparados polo cociñeiro Pallín Díaz.

Ademais, durante toda a xornada haberá unha mostra de produtos das zonas do Eo e inchables de balde para nenas e nenos, convertendo o encontro nun plan perfecto para pasar o día en familia.

⚙ Configurar cookies
0.093101978302002