Baleira acollerá o IV Concurso Comarcal de Meles en outubro

LugoXa
O certame premiará a mellor mel da montaña lucense, con recepción de mostras ata o 10 de outubro na sede do GDR
concurso-de-meles-Baleira
5 Oct 2025

O Concello de Baleira organiza a 4ª edición do Concurso Comarcal de Meles, un certame que busca poñer en valor a calidade e tradición apícola da montaña lucense.

As persoas produtoras interesadas poden presentar as súas mostras na sede do Grupo de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais (GDR3) ata o 10 de outubro. Entre todas as participacións, un xurado especializado elixirá a mellor mel da comarca.

O evento conta co apoio da Asociación de Desenvolvemento Rural Montes e Vales Orientais e do propio Concello de Baleira. Para obter máis información, as persoas interesadas poden contactar no teléfono 659 275 743.

⚙ Configurar cookies
0.13316917419434