Baleira acollerá unha pequena tertulia literaria
LugoXa
Baleira celebra a quinta edición da feira do Mel na que se exaltan os produtos da montaña e na que hai actividades e obradoiros

15 Sep 2023
Baleira acollerá o vindeiro venres 22 de setembro unha pequena tertulia literaria para a presentación do libro El callejón de la gata llorona.
Neste encontro intervirán a autora, Ángela Gómez Indiano; e a escritora local, Beatriz Pin Díaz. Moderará o coloquio Alberto Alonso Fernández e dará comezo ás 20.30 horas na biblioteca do Concello.
Ademais contarase coa presencia entre o público de varios escritores da contorna.
