Baleira celebra o Magosto 2025 con música, castañas e gastronomía tradicional

LugoXa
O evento terá lugar o sábado 25 de outubro na praza municipal e contará cunha carpa por se chove
castanas-castineiro
24 Oct 2025

O Cádavo, en Baleira, prepara unha nova edición do seu Magosto 2025, que se celebrará o sábado 25 de outubro ás 20:30 horas na praza municipal. A veciñanza e visitantes poderán desfrutar dunha xornada festiva arredor das castañas asadas, acompañadas de empanada, doces e viño, mantendo viva unha das tradicións máis emblemáticas do outono galego.

A festa contará coa actuación musical do dúo Carlos & Javi, que será a encargada de poñer o ritmo á noite. Ademais, para garantir a celebración en calquera circunstancia, o Concello anuncia que a praza estará cuberta cunha carpa no caso de que o tempo non acompañe.

Con esta cita, O Cadavo busca reunir á comunidade nun encontro de convivencia, sabor e música ao redor do magosto, unha celebración fondamente arraigada na cultura popular.

⚙ Configurar cookies
0.070646047592163