Baleira prepárase para a III Feira de Degustación Tenreira Galega Suprema
LugoXa
Haberá animación no campo, poxa, sorteos, sesión vermú e degustación de balde
Imaxe de arquivo
13 Xul 2024
Baleira celebra a terceira edición da Feira de Degustación Tenreira Galega Suprema o 14 de xullo no Cádavo. O programa comeza ás 8.00 horas coa recepción e apertura da feira, logo haberá animación no campo da feira do grupo tradicional Toxo Queimado e poxa de exemplares de raza Rubia Galega con axuda económica para compra pola Asociación da feira a partir das 12.30 horas.
Posteriormente, celebrarase a entrega de obsequios a todos os gandeiros participantes e sesión vermú a cargo de DJ Adolfo Valiño e gran sorteo. Os asistentes tamén poderán gozar, a partir das 14.30 horas, dunha degustación gratuíta de Tenreira Galega Suprema asada e guisada. Pola tarde haberá música e exhibición de cetrería a cargo de Falcóns Galicia.