Baralla abre o proceso para contratar a cinco traballadores contra incendios

LugoXa
O Concello de Baralla presenta as bases para a contratación temporal de cinco traballadores para unha brigada contra incendios
concello baralla
24 Xuño 2022

O Concello de Baralla selecciona persoal laboral temporal para a prevención e defensa contra os incendios forestais. Así, o Goberno local aprobou as bases específicas para a selección e contratación de catro peóns para a brigada contra incendios e dun xefe de brigada.

Unhas prazas que se cubrirán ao abeiro do Convenio de colaboracións interadministrativo coa Consellería de Medio Rural e o Concello de Baralla para a loita contra incendios forestais.

Neste senso, o Goberno local busca un xefe de brigada, un peón conductor con carné tipo B e tres peóns de brigada.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días dende a publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, aínda pendente. A selección do persoal a contratar levarase a cabo pola presentación da solicitude, dirixida ao Sr. Alcalde, no Rexistro Xeral do Concello de Baralla, en horario de 9.00 horas a 14.00 horas de luns a venres, ou a través de calquera outro medio legalmente establecido.

Con todo, cando as solicitudes se presenten fóra do rexistro do Concello de Baralla deberase remitir unha comunicación por fax ao Concello (982363221) ou ao correo electrónico: concellobaralla@concellobaralla.es comunicando a presentación da solicitude, co selo de Correos ou do rexistro correspondente, antes de rematar o prazo de presentación da solicitude.

Toda a documentación, modelo de convocatoria e as bases completas pódense atopar na páxina web do Concello.

0.2221372127533