Baralla acolle a proxección de Valentina este domingo

LugoXa
O Concello de Baralla organiza a proxección da película de animación Valentina o próximo domingo 14 de agosto ás 22.00
Valentina Baralla
11 Ago 2022

O Concello de Baralla organiza a proxección da película Valentina o próximo domingo 14 de agosto. O filme proxectarase na área recreativa Manuel Gonzalez Capón ás 22.00.

A película Valentina logrou o premio Goya 2022 a mellor película de animación, ademais de estar dirixida pola directora galega Chelo Loureiro. O filme está protagonizado por unha nena con síndrome de down, visibilizando a vida destas persoas e facendo fincapé na importancia da inclusión.

0.19928598403931