Baralla acolle o 15 de marzo os Cantos de Taberna coa participación de nove grupos

A Asociación Cultural Airiños do Neira e o Concello de Baralla organizan os Cantos de Taberna o vindeiro 15 de marzo a partir das 19.30 horas.
Durante a xornada, diversos grupos musicais de distinta tradición e estilo participarán, entre eles Airiños do Neira, Os Xílgaros de Lugo, Toxo Queimado, A.C. Deiquí, Os Amigos de Javier, AC Val de Láncara, Os do 13, Abrente e The Cara-Cás.
A cita contará coa colaboración de varios bares do municipio, onde se poderá disfrutar das actuacións en vivo. Os bares colaboradores serán Garda Ríos, Zarralleiro, Dulce Baralla, Café Bar Deporte, Bar Centro, Bar Lexo, For You's, Café Bar Garrido e Bar Tantoten.
Este evento é unha excelente oportunidade para gozar da música en directo e do ambiente festivo de Baralla, apoiando a cultura local e os comercios do municipio.