Baralla acollerá a III Concentración de Clásicos Ancares e a II Concentración Motera o 19 de xullo

O vindeiro 19 de xullo Baralla converterase no centro do motor coa celebración da III Concentración de Clásicos Ancares e a II Concentración Motera Baralla, organizadas polos colectivos Zorros e Metaco Clásicos coa colaboración da Xunta de Galicia, os concellos de Baralla, Becerreá, Triacastela e As Nogais e numerosas entidades e negocios locais.
A xornada arrancará ás 9:00 horas coa recepción dos participantes na Praia Fluvial de Baralla e ás 10:00 horas comezará a saída de vehículos para realizar dúas rutas distintas: unha para motos e outra para vehículos clásicos. Na ruta motera os participantes pasarán por Baralla, Lembranza, Láncara, Sarria, Samos, Triacastela, Poio, Pedrafita, As Nogais, Becerreá e volverán a Baralla; mentres que a ruta de vehículos clásicos levará aos asistentes por Baralla, Gomeán, Castrovearde, Baleira, Condomiña, Ceriexal, e regreso á vila.
Ás 14:30 horas celebrarase a comida popular na Praia Fluvial un espazo de encontro para todos os asistentes e a continuación ás 16:00 terá lugar a entrega de trofeos ás 18:00 e ás 23:00 horas o público poderá gozar das espectaculares exhibicións acrobáticas a cargo do equipo 666 Exhibicións, que converterán Baralla nun auténtico espectáculo sobre rodas.
Tras a primeira exhibición, unha batucada animará os bares da vila, levando o ritmo da festa polas rúas, e a partir das 00:00 horas a música continuará na piscina municipal cunha sesión con DJ que poñerá o broche á xornada.
Os inscritos recibirán almorzo, petiscos, comida e unha camiseta conmemorativa da concentración ademais o pavillón deportivo estará habilitado o venres e sábado para quen queira acampar de forma gratuíta.
O prezo da inscrición para ambas concentracións é de 32 euros por persoa, sendo de 16 euros para menores de 16 anos acompañantes. A data límite de inscrición remata o 14 de xullo e as reservas poden facerse nos correos metacoclásicos@hotmail.com para clásicos e joseluiscourelariveira46@gmail.com para motos ou nos teléfonos 660 345 057 e 622 014 179.