Baralla busca un socorrista para as piscinas municipais

LugoXa
O Concello de Baralla convoca o procedemento de contratación laboral dun socorrista para traballar este verán nas piscinas municipais
concello baralla
30 Maio 2022

O Concello de Baralla fai públicas as bases que rexerán a selección e contratación laboral temporal dun socorrista para as piscinas municipais, polo prazo de dous meses a xornada completa.

Facendo públicas estas bases, convócase o procedemento de selección para o que presentarán a solicitude de oferta de emprego na Oficina de Emprego de Becerreá para que realice a sondaxe de demandantes de emprego en función dos postos de traballo. Será o Concello quen, unha vez recibidas as persoas candidatas, proceda á selección de conformidade coas bases.

Os interesados estarán inscritos no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados debendo estar dispoñibles para o emprego. Os candidatos deberán acompañar no día sinalado pola Oficina de Emprego, para a súa presentación no Concello de Baralla, a documentación sinalada obxecto de valoración no procedemento de selección, xunto co DNI e instancia de solicitude.

Na mesma farase constar que se reúnen os requisitos esixidos para tomar parte no concurso. Neste procedemento non se admitirán as solicitudes dos interesados que non fosen previamente seleccionados pola Oficina de Emprego de Becerreá.

Tendo en conta as especiais características do posto e a súa temporalidade, o Goberno local estima, que o procedemento de selección dos aspirantes será o concurso debendo o Tribunal valorar os méritos presentados polos aspirantes, neste caso a selección dos candidatos será por orde decrecente atendendo a puntuación obtida.

0.12809705734253