Baralla celebra a sexta edición de Cantos de taberna organizada por Airiños do Neira

LugoXa
A cita musical terá lugar o sábado 7 de marzo a partir das 19:30 horas con actuacións en distintos locais da vila
Cantos-de-Taberna-Airiños-do-Neira-Baralla-2023
23 Feb 2026

A asociación Airiños do Neira promove a sexta edición de Cantos de taberna, unha proposta que volverá encher de música tradicional as rúas e locais hostaleiros de Baralla. A xornada desenvolverase o sábado 7 de marzo de 2026 a partir das 19:30 horas, convertendo a vila nun punto de encontro para agrupacións e afeccionados á música popular.

No cartel desta edición participan a Asociación Andrade Vilalba, Cantareiras do Carabullo Vilalba, A.C. Deiqui Navia de Suarna, AC Légua Dereita O Corgo, AC Val de Láncara, Son de Cores Becerreá, Toxo Queimado Baleira, Os Xardois Cervantes, Os Xílgaros de Lugo e o propio grupo anfitrión, Airiños do Neira Baralla.

As actuacións repartiranse por diferentes bares colaboradores da localidade, entre eles Garda Ríos, Zarralleiro, Dulce Baralla, Café Bar Deporte, Bar Centro, Os Porches, For You’s, Café Bar Garrido e Bar Tantoten, que acollerán as distintas intervencións musicais ao longo da tarde e noite.

Ao remate da ruta polos establecementos participantes, está prevista a celebración dunha foliada na praza da vila, así como a degustación de pinchos para os grupos asistentes. A iniciativa conta coa colaboración do Concello de Baralla e busca consolidarse como unha das citas destacadas do calendario cultural da comarca.

0.08418607711792