Baralla celebra este sábado o magosto

LugoXa
O Concello de Baralla xunto ca asociación Airiños do Neira organizan un magosto para este sábado 12 de novembro
MAgosto baralla portada
MAgosto baralla portada
9 Nov 2022

O Concello de Baralla e a Asociación Airiños do Neira organizan un magosto para este sábado 12 de novembro.

A festa dará comezo a partir das 21.00 na praza da vila na que estará instalada unha carpa.

Para comer os asistentes poderán desfrutar de castañas asadas, liscos, empanada e lacón e todo acompañado de viño, refrescos e queimada.

A noite estará amenizada con música e baile a cargo da asociación Airiños do Neira.

MAgosto baralla
0.18793106079102