Baralla celebra o San Xoán 2025 con lume, música e sabor tradicional

O Concello de Baralla organiza unha nova edición da tradicional festa Lume Novo, que terá lugar o domingo 23 de xuño na Praza Maior a partir das 21:00 horas.
A celebración, con motivo da noite máxica de San Xoán, contará cunha gran fogueira, gastronomía típica e música tradicional.
Durante a velada, os asistentes poderán degustar pratos como liscos, lacón asado, empanada, pan e viño. Ademais, a música e o baile estarán presentes coa actuación das escolas de Airiños do Neira, que poñerán a nota festiva a unha das noites máis emblemáticas do ano.
O Concello anima a toda a veciñanza a participar desta cita marcada pola tradición, o encontro e o bo ambiente.