Baralla e O Corgo acollen a terceira edición da ruta Andando e Correndo pola Vía Künig
LugoXa
A andaina comezará ás 10.00 horas e a carreira ten a hora de comezo ás 11.00 con saída na praza do Concello de Baralla
Imaxe de arquivo
11 Xul 2024
Baralla e O Corgo acollen a terceira edición da ruta Andando e Correndo pola Vía Künig. A cita será o vindeiro 14 de xullo. A andaina comezará ás 10.00 horas e a carreira ten a hora de comezo ás 11.00 con saída na praza do Concello de Baralla.
A meta será na capela de San Bernabé, no Corgo e haberá servizo de buses de meta e saída e regreso. As inscricións pódense realizar a través de www.ccnorte.com cun prezo de 5 euro ata o 30 de xuño e de 10 euros ata o 10 de xullo.