Baralla pon en marcha un servizo de autobús para desprazarse ás praias
LugoXa
O Concello de Baralla pon en marcha un servizo de autobús para desprazarse ás praias durante as fins de semana
12 Xul 2024
O Concello de Baralla pon en marcha un servizo de autobús para desprazarse ás praias durante as fins de semana dos meses de xullo e agosto para iso, teñen que dirixirse ao centro sociocultural, despois de pagar 6 euros, os xoves e venres anteriores ás saídas, en horario de 5 a 9 da noite, sendo os asentos distribuídos segundo se vaian recollendo os billetes.
As prazas son limitadas e a saída será ás 9 da maña da praza maior. O 14 de xullo visitará a praia de Foz; o 21, a de Tapia e o 28, a de Ares. No mes de agosto programan unha visita á praia de Barreiros o 4 de agosto e otra á praia de Miño o 11 de agosto. Conta coa colaboración da da asociación de mulleres rurais Os Malugreiros.