Baralla prepárase para celebrar as festas de San Vitorio 2025 con catro días de música e actividades

O Concello de Baralla vivirá do 23 ao 28 de agosto as tradicionais festas de San Vitorio, cun amplo programa que combina música, actuacións e actividades.
A celebración comezará o sábado 23 de agosto coa animación da Charanga Ardores, o Dúo Muralla e a Disco Móbil DBC.
O martes 26, a partir das 20:00 horas, representarase unha obra de teatro a cargo de Airiños do Neira no Bar Manolo. Pola noite, desde as 23:00 horas, será a quenda da verbena coa Disco Móbil DJ Cutelo, os grupos Cayenna e Cuarta Calle.
O mércores 27 iniciarase ás 13:00 horas coa misa solemne e procesión. Ás 14:00, concerto no parque da igrexa, con nova actuación de Airiños do Neira. Xa pola tarde, ás 18:00, gran espectáculo de maxia coa Maga Lorelavard e, ás 19:30, pasacalles con Louband. A verbena nocturna estará a cargo de Dani Pardo, a Orquestra Panamá e, directamente desde Arxentina, o grupo Ráfaga.
O xoves 28 repetirase o esquema matinal con misa solemne e procesión ás 13:00, seguida do concerto no parque da igrexa ás 14:00. Pola tarde, ás 18:00, haberá xogos populares e música con Carlos Quintana, e a festa pecharase pola noite cunha verbena protagonizada por Cinema e Punto Clave.