Baralla prepárase para celebrar o Entroido 2025 cun gran concurso de disfraces

LugoXa
Un dos principais atractivos do evento será o Concurso de Disfraces, no que poderán participar comparsas, parellas e individuais
Entroido-Baralla-2024
18 Feb 2025

O vindeiro domingo 2 de marzo, o municipio de Baralla celebrará o tradicional Entroido no Pavillón Municipal, cunha xornada chea de diversión, música e cor, organizado por Airiños do Neira e o propio Concello.

Un dos principais atractivos do evento será o Concurso de Disfraces, no que poderán participar comparsas, parellas e individuais. As inscricións realizaranse na Área Recreativa, desde onde partirá o desfile ás 17:30 horas, percorrendo as rúas da vila ata chegar ao pavillón.

Para incentivar a participación, establecéronse varios premios: para comparsas haberá tres galardóns, o primeiro de 250 euros, o segundo de 150 euros e o terceiro de 100 euros; ademais, haberá unha categoría de mellor disfrace individual con 50 euros, outra de mellor parella con 50 euros e un premio especial para comparsa.

Ademais, os asistentes poderán gozar dunha merenda con chocolate e churros, cortesía da organización, que convida a toda a comunidade a participar e desfrutar deste Entroido cheo de ledicia e tradición.

0.17360091209412